Blog

Este año me toca celebrar el 8 de marzo de una forma muy peculiar, protagonizando en el Archivo Histórico Univeristario de Santiago la actividad "A relevancia da documentación xudicial nos estudos de xénero: o caso das espontáneas". Copio y pego de su página web:

 

Con motivo da celebración o vindeiro  8 de marzo do Día Internacional da Muller, o Arquivo Histórico Universitario organiza un acto, que terá lugar na súa  sala de conferencias ás  18:00 h., no que se pretende poñer o foco sobre a relevancia da documentación xudicial para os estudos de xénero a través dun exemplo documental de marcado carácter feminino: “ as espontáneas”, un tipo de causa criminal na que unha muller, solteira e embarazada, se presenta ante a xustiza ordinaria de xeito “espontáneo”, para dar conta do seu estado a fin de evitar denuncias, ter protección xurídica, reclamar algún dereito pero, sobre todo, para paliar, na medida do posible, o rexeitamento social.

 

Con esta premisa, Désirée Mª Domínguez Pallas, directora do arquivo, fará unha introdución baseada na posta en valor das miles de causas e procesos que custodia pertencentes ás xurisdicións e coutos existentes nos territorios de Cedeira, Ortigueira e As Pontes de García Rodríguez desde o século XVII ata as primeiras décadas do século XIX.

 

Contará, así mesmo, coa participación de Ángel Arcay Barral, investigador e actual arquiveiro do concello de Santiago, onde dará a coñecer o seu estudo titulado: Mulleres espontáneas: fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (XVIII-XIX), recoñecido co 1º Premio da VI edición do premio de investigación HUME. Nel, grazas ao análise crítico de 555 expedientes de mulleres espontaneadas -un dos máis extensos realizados ata o momento sobre este tema-, fará un achegamento histórico ás condicións socioecómicas e ás prácticas sexuais das mulleres neste período.

 

Finalmente, o público asistente poderá contemplar in situ unha pequena mostra das espontáneas coas que conta o Arquivo da USC.

Dadas as limitacións de aforo, é preciso confirmar a asistencia no correo: arquivo.historico@usc.es ou ben chamando ao teléfono: 881 812 880.